O Memorial Bernabéu non é só un torneo de fútbol; é o latexo de agradecemento de toda unha comunidade a Sergio Estévez «Bernabéu». Hai persoas que fan medrar os pobos en silencio, entregando o seu tempo, a súa enerxía e a súa paixón aos proxectos veciñais sen agardar nada a cambio. «Bernabéu» foi o exemplo perfecto desa xenerosidade estremeira. Este memorial naceu para que o seu legado de entrega incondicional siga vivo en cada partido, en cada rapaz que viste a nosa camiseta e en cada recuncho do campo da Gándara. Porque a grandeza do CD Valladares construíse coa xenerosidade de persoas coma el.
Con este Memorial, rendemos tributo a eses heroes anónimos que,
co seu traballo desinteresado, fan posibles os soños de todo un barrio.
O teu recordo, Bernabéu, segue intacto no campo e na memoria de todos nós.





Imaxes cedidas por Alberto Costas
